Este ano, para celebrar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, organizamos no centro unha sesión de acompañamentos lectores. O alumnado de 3º a 6º de Primaria escribiu e recitou unha selección de estrofas de poemas de Rosalía de Castro aos máis pequenos do colexio, que foron os encargados de ilustrar os referidos versos. Co resultado deste traballo editaremos un libro que pasará a formar parte dos fondos da Bibliosilva.
23/02/2025
17/02/2025
Concurso - Exposición sobre As cantareiras e a poesía popular oral. Letras Galegas 2025
Unha vez máis estamos de noraboa!
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa veñen de publicar a resolución deste concurso, declarando gañadora da categoría A a exposición elaborada polo noso centro.
Para calquera membro do profesorado, isto suporía unha inmensa ledicia, mais no noso caso, a ilusión é aínda maior, pois algunhas das cantareiras homenaxeadas foron veciñas do noso concello, Cerceda.
Moitos parabéns a todo o alumnado e ao profesorado implicado que tanto esforzo puxo neste proxecto!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
O alumnado de 6º de Primaria presentouse este curso ao IV Certame Coreografíate coa canción Cantares de Camariñas , de Alana. Trátase dun e...
-
Unha vez máis estamos de noraboa! A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa veñen de publicar a...
-
O pasado sábado 26 de abril, parte do equipo que elaborou xunto co alumnado os 10 carteis e a guía de actividades do Concurso-Exposición das...
