A Secretaría Xeral da Lingua (SXL) ven de publicar no seu portal "os carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas da categoría A, correspondente a educación infantil e primaria, e da categoría B, correspondente a educación secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, acompañados de cadansúa guía didáctica. Son recursos de utilidade para a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario de Galicia, mais tamén para a das universidades, centros de estudos galegos, centros que cursan ensinanzas de galego nas comunidades estremeiras e tamén para o público dos concellos, bibliotecas, centros da emigración e distintas asociacións que traballan a prol da lingua e da cultura galegas.
A exposición gañadora na categoría A, destinada aos centros de educación infantil e primaria, é Cantareiras: poesía popular oral, elaborada polo CEIPP Celso Emilio Ferreiro, de Cerceda, un harmonioso conxunto de carteis nos que destacan a creatividade, a beleza estética, a cooperación de todo o alumnado na súa elaboración, o carácter integrador e inclusivo e o emprego de técnicas e recursos diversos (códigos QR, pictogramas etc.), na procura de difundir o labor e transcendencia das mulleres homenaxeadas entre a rapazada."
Deixámosvos aquí as ligazóns aos carteis, á guía de actividades, ao mosaico, ao marcapáxinas e á regra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario