16/05/2025
Foliada na Silva
Para culminar varios meses de intenso traballo inmersos en distintos proxectos dedicados a homenaxear ás cantareiras e á poesía popular oral, chegamos á celebración no centro do Día das Letras Galegas: Foliada na Silva. Nos próximos días iremos actualizando este padlet con fotos e vídeos dunha xornada festiva na que participou non só toda a comunidade educativa senón moitas outras persoas externas ao centro (a regueifeira Yessica Nantón, as Pandeireteiras das Encrobas e Folque Ruada) ás que de novo agradecemos enormemente a súa presenza nun día tan especial!
Canto para
Rosa e Dolfina
AS MULLERES DAS ENCROBAS
SABEN CANTAR E BAILAR
SABEN TOCAR O PANDEIRO
PODEN ATENDER A TODO.
TOCAN PRA S'ADIVERTIRE
CANTAN PARA RESISTIRE
AGHORA AQUÍ CANTAREMOS
ESPERANDO O QUE HA DE VIR-E.
NO LUGHARIÑO DA LOUSA
TAMÉN TEMOS UNHA ROSA
QUE TOCA, CANTA E BAILA
CON AMOR E ALEGHRÍA.
AS RAPACIÑAS DA VILA
TOCABAN E CANTABAN
TAMÉN PRA S'ADIVERTIRE
TAMÉN PARA RESISTIR-E.
ESTE CANTO É PRA DOLFINA
ESTE CANTO É PARA ROSA
TANTO TEMPO ESQUECIDAS
E AGHORA CHEGHOULLES O DÍA.
Isabel (Cantareiras das Encrobas)
12/05/2025
Acto de entrega do premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2025
Esta mañá, no CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, vivimos de novo unha xornada moi especial, xa que gozamos da entrega do premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2025. Ademais da intervención dos representantes do centro, da RAG, do Concello e da Secretaría Xeral da Lingua, contamos con diversas actuacións do alumnado do centro, así como coa presenza de Teresa dos Cucos, unha cantareira malpicá que nos acompañou coas súas cantigas. Tedes aquí varias ligazóns que dan conta deste acto:
La Voz de Galicia. Edición Carballo
Nota de prensa. Xunta de Galicia
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Día de Rosalía
O alumnado do CEIPP Celso Emilio Ferreiro estrea a Radio Escolar gravando o recitado do poema de Rosalía de Castro "Din que non falan a...
-
O pasado sábado 26 de abril, parte do equipo que elaborou xunto co alumnado os 10 carteis e a guía de actividades do Concurso-Exposición das...
-
Para culminar varios meses de intenso traballo inmersos en distintos proxectos dedicados a homenaxear ás cantareiras e á poesía popular oral...
-
A Secretaría Xeral da Lingua (SXL) ven de publicar no seu portal " os carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas da catego...
